viernes, 24 de noviembre de 2023

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Hoxe, 25 de novembro, celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. É obvio dicir que é moi importante traballar na clase, dende a reflexión e a concienciación, este problema que saíu á luz nestes últimos anos, pero que por desgraza, sempre estivo presente nesta sociedade da que presumimos avanzada aínda que, en realidade, é moi machista. 
Esta semana do 20 ao 24 de novembro, na clase de 5ºB realizamos un obradoiro sobre este tema, sempre na  busca da interiorización do problema e tratando de atopar solucións dende o diálogo, a comprensión e o respecto aos demais.
Simplemente con conseguir a participación de todos o alumnado e a súa implicación xa nos damos por satisfeitos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario